Ir ao contido da páxina
  1. A Feira

Información xeral

Datas de celebración

Galicia Escena PRO 2026 celebrarase
do 25 ao 28 de maio
en Santiago de Compostela.

Presentación de espectáculos

As compañías galegas poderán presentar as súas propostas en formato completo ou formato pitching do 16 ao 27 de febreiro ás 15.00 h, a través da área profesional desta web.

Formato completo

Espectáculos estreados entre o 28 de febreiro de 2025 e o 25 de maio de 2026, sempre que non se presentaran na edición de 2025. Poden presentarse, así mesmo, espectáculos para a súa estrea en GEP. A organización asume o 40 % do caché (sen necesidades técnicas) recollido na oferta da Rede Galega de Teatros e Auditorios. É obrigatorio a presentación de vídeo.

Formato pitching

Proxectos de espectáculos pendentes de estrea. Durante 6 minutos, a compañía poderá dar a coñecer a súa proposta. Neste formato, a organización non asume ningunha remuneración económica.