Información xeral
Datas de celebración
Galicia Escena PRO 2026 celebrarase
do 25 ao 28 de maio
en Santiago de Compostela.
Acceso aos espectáculos
- As persoas acreditadas terán dereito a unha entrada por espectáculo e deberán realizar a reserva a través da área profesional nos prazos que estableza a organización.
- Non haberá venda de entradas para público xeral. Non obstante, as persoas que queiran asistir poderán recoller dous convites por espectáculo na oficina de coordinación da Zona PRO (Museo das Peregrinacións, praza de Praterías, os mesmos días da Feira, en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.
- O acceso aos espectáculos realizarase na seguinte orde: persoas acreditadas con entrada reservada, persoas acreditadas sen reserva de entrada e público xeral con convite.
Zona PRO
Museo das Peregrinacións e de Santiago
Praza de Praterías, s/n
Santiago de Compostela
Acreditacións e información
Horario: de luns a xoves,
de 9 a 14 h e de 16 a 19 h
Espazo de traballo e encontros profesionais
Horario: de luns a xoves,
de 9 a 14 h e de 16 a 19 h