Ir ao contido da páxina
  1. Sedes

Centro Galego de Arte Contemporánea

Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 2
Ver no mapa

O Centro Galego de Arte Contemporánea é un espazo de difusión cultural cuxa función é dinamizar o panorama artístico actual e promover a reflexión sobre a diversidade das manifestacións culturais na sociedade contemporánea.

Creado en 1993, o CGAC é, ademais dun espazo expositivo, un centro dinámico e multidisciplinario no que se desenvolven ciclos de conferencias, obradoiros impartidos por artistas e iniciativas nos ámbitos da música, as artes escénicas, a arquitectura, a moda e o cinema, que fomentan a participación activa do público e favorecen o intercambio de ideas entre profesionais de distintos eidos.